17 de feb. de 2018

ESCRITORES/AS DE QUINTO.


   Érase unha vez un home que traballaba de sol a sol, para poder manter aos seus fillos. Eran pobres e traballaban a terra para conseguir alimento. Veu un verán moi duro porque non chovera nada e a colleita podía secar. Tiña que regar todos os días, ata que un día empezou a chover. E o home alividado dixo:
- Atopo paz na choiva.
Nerea Nogueira.

   Hoxe é un día de choiva como a maioría dos días deste mes de xaneiro. Xogamos o último partido de fútbol da tempada, é un partido moi difícil, xogámonos a clasificación.
   Esta semana entrenamos moi duro e esperemos que valla a pena tanto esforzo. 
   Chegamos ao campo unha hora antes para quecer e dar ao balón, o campo está moi mollado e así non é doado xogar. O entrenador prepara as fichas e vainos chamando de un a un.
- Pablo! - berra o entrenador. 
- Xa vou, estou atando os cordóns.
   E así vai chamándonos a todos.
  Comeza o partido e non para de chover. Estamos empapados pero seguimos correndo con moitas ganas.
   Só quedaban cinco minutos para o final cando ocorre o milagre. Lucía manda un pelotazo cara a portería e cando chega aos meus pés engancho o balón con tanta forza que me escapa a bota co balón ata dentro da portería.
   Todos corren cara min berrando coma tolos.
- GOL! GOL!
   O partido remata coa nosa victoria e clasificámonos.
   A min o único que se me pasa pola cabeza é:
- Atopo a paz na choiva.
Candela Castro. 

Aventura de Goti.
   Goti é unha pequena gota de auga, gústalle estar na súa nube, mollar a xente e xogar cos seus mellores amigos. Goti é a gota máis pacífica das nubes. Non todas as gotas son tan boas, algunhas péganse entre elas e destrozan todo, outras entran nas casas e outras caen xuntas pola cheminea e apagan o lume. Goti quere que as gotas malas non fagan iso, ela intenta convencelas falando na súa nube ou xogando con elas para entretelas e que non fagan trastadas, pero nunca funciona. 
   Un día de choiva Goti estaba caendo, de repente o seu mellor amigo, que se chamaba Orballo, díxolle que hoxe era día de "arco da vella", o mellor día porque é o único no que as gotas malas non fan trastadas. Goti estaba moi contento porque podía xogar con tódalas gotas , malas e boas.
   Cando estaba cerca do Sol e faltaba pouco para que rematara aquel día, Goti tivo unha idea, dicirlle ao Sol que tódolos días de choiva saira para facer o "arco da vella". Ao Sol gustoulle moito a idea. Cando todo estaba xa funcionando Goti dixo:
- Por fin, atopo a paz na choiva.
Manuel Xes Barciela. 

   Un día estaba paseando polos Ancares co meu irmán e cos meus pais. Eu estaba alporizada porque o meu irmán non paraba de meterse comigo, o meu pai ameazounos con que cando chegáramos á casa rural íanos castigar, pero meu irmán seguía facéndome rabiar.
   Entón empezou a poallar e meu pai dixo:
- Imos todos para a casa rural, que vos vou por un castigo de campionato como non vos tranquilicedes. 
   A choiva fíxose máis abundante e foinos mollando pouco a pouco. Conforme a choiva ía caendo, empecei a notar que me estaba tranquilizando.
   Cando chegamos á casa rural xa non estaba alporizada porque... "Atopo a paz na choiva".
Paula Alonso.

Transcrición dos orixinais escritos polo alumnado de quinto.
A imaxe recolleuse da web: A fiestra da mestra

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...