05/07/2017

VACACIÓNS!!

 


   Despois de traballar arreo todo o curso, chegaron por fin, as merecidas vacacións. 
Lembrade que estas son as vacacións onde ides ser escritores e escritoras, pois deberedes escribir no voso caderno do escritor/a. Iso si, desta volta hai que corrixir as faltas
Podedes escribir contos, refráns, adiviñas, algo que vós gustou moito do día, poesías, trabalinguas...  Acompañade os vosos textos con fotografías, debuxos, recortes... 
   Non esquezades que este libro se escribe con cariño, nada de ir ás présas, hai que escribilo devagar e con moito tino, dando o mellor de nós de cada vez. Que ganas de telos xa nas miñas mans!!

    E falando de ler, recoméndovos o libro "CABECIÑA A PAXAROS E OUTRAS HISTORIAS" de Gloria Sánchez. Son historias disparatadas, curtas e moi divertidas.  Podedes ler só as liñas do inicio de algunha delas, escribir o voso conto e despois ler o orixinal, ou facer unha obra de arte cunha historia ou aprendelas para contarllas a outros nenos/as... Merece a pena ler todas e cada unha delas, Gloria Sánchez é unha artista. 

Se algún quere repasar matemáticas, aquí vos deixo enlaces para reforzar a numeración e os problemas.


NON ESQUEZADES DESCANSAR E PASALO XENIAL! 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...